O domingo 5 de
marzo a coral Stella Maris de Priegue - Nigrán, actuou en Vigo, no magnifico auditorio
“Mar de Vigo”, no marco das xornadas organizadas por ACOPOVI, como coral
invitada.
Asistín como
público en dita actuación e podo dicir
que foi realmente estupenda, moi aplaudida e seguida con entusiasmo por un
auditorio cheo, aínda que era a derradeira actuación da xornada e o público
podería amosar cansazo, pero non foi así. Penso que as actuacións de Stella
Maris sempre son amenas e encantan a un público diverso en gustos e idades.
Todos os coros
invitados cantaban cinco cancións, que neste caso foron: Perdón, Que canten los
niños, O mio babino caro, Viento del norte y Torres de Compostela... todas elas
cancións emblemáticas desta coral. Penso que a máis aplaudida foi “que canten
los niños”, sobre todo pola colaboración dun grupo de nenos e nenas, xa
habituais nalgunhas actuacións de StellaMaris, e que engadiu unha nota de
frescura e orixinalidade ao festival, ademais de que os nenos o fixeron
realmente ben e que a canción é moi bonita e de sobra coñecida por todos.
Pero non podemos
deixar de destacar a estupenda actuación en “o mio babino caro” e a gran ovación que se recibiu,
pola súa complexidade e pola magnifica actuación da solista Esther Licer, que
coa súa marabillosa voz estremeceu ao auditorio.Como colofón
final, “Torres de Compostela” interpretada pola magnífica voz de José Ángel e o
acompañamento do resto do coro e a gaita de Felipe. Estupenda.
Esperemos que
este tipo de festivais sigan realizándose porque teñen un público fiel e hai
moita xente dedicada ao canto en corais en case todas as parroquias da nosa
xeografía.
Marga 10
de Marzo de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario