O sábado, día 10 de San Xoan, festexouse en Baio-Zas, a XV Edición do Encontro de Corais.
Saímos de Priegue as 11,30 a.m. dirección Santiago. No mesmo centro da cidade paramos para xantar nun restaurante preto da catedral.
Despois dun cumprido almorzo, nada millor que unha pequena andaina. Así que, en pequenos grupos, nos ciscamos polas rúas vellas ateigadas de pelegrinos, que abafados pola calor e o cansancio, daban fin o camiño de Santiago, na emblemática catedral,onde se venera a Santiago Apóstolo ( o controvertido matamouros), deleitábanse co arte historiado do Pórtico da gloria e o frescor das pedras milenarias.
Ata as 18.horas, había tempo de abondo, dado que o concerto en Zas era as 21.horas.

19.horas.- O Sancristán responsable do recinto viunos abrir a porta da igrexa e o presidente e directora da coral anfitrioa déronnos unha cálida benvida, e indicáronnos onde asearnos e onde mudarnos de roupa.
21.-horas.- A pesares de todo, andivemos un pouco xustos de tempo pra montar os trebellos de son, quentar e probar.

Particularmente gustoume: Siyahamba zulu do coro dos nenos.Amazing grace da coral de Cacabelos, Ave María no morro da coral Xan Mella. De noso coro Stella Maris, todas: Perdón, Meu amor mariñeiro,Campanas de Bastabales,Torres de Compostela( onde se luciu o solista José Angel). Moi ben aderezadas polos músicos.
A xente palmeaba, movía os pes e mais de un, brincou na bancada. A nosa derradeira canción : Amigos para siempre, cecais polo contido emocional, calou mais no público que palmeou a rabiar.

Por este motivo chegamos a casa as tres da mañá, no primeiro canto do galo, pero satisfeitos do enriquecedor intercambio e de nosa actuación que esperamos mellorar na próxima.
Unha aperta.
Jesús L. Nigrán, 15.06.17
No hay comentarios:
Publicar un comentario