O Sábado, 31 de Maio, con gran ilusión, partimos dende "O Torreiro" de Priegue
as 9 da mañá cara as Terras Asturianas. Iamos a participar no "VI Encontro
Coral de Primavera" en Langreo. A Coral organizadora era a "Coral Polifónica
Añoranzas " de Les Pieces de Langreo.
A viaxe foi moi agradábel, é como sempre, serviu para confraternizar os membros
da Coral. Paramos en Guitiriz (Lugo) para tomar un respiro (estirar as pernas e
tomar un café) e a continuación seguimos cara a Asturias. Fomos pola estrada da
costa, pasando por Rivadeo, Navia é Avilés.
O medio día chegamos o Hotel Silvota, preto de Oviedo, onde comemos e pernoctamos
ese día. Logo de comer partimos cara o Conservatorio de Música de Sama de Langreo,
lugar no que se ía a realizar o encontro de corais. Aentrada de Sama xa nos estaban
esperando o Director e a Presidenta da coral organizadora. Unha vez trasladados os
equipos musicais o Conservatorio e mentres algúns dos membros da nosa coral
instalaban os instrumentos no escenario, o resto puidemos dar unha ,pequena volta
por Sama, ainda co tempo non acompañaba moito, pois chuviscaba algo.
Chegou o momento das actuacións, a primeira coral en participar foi a Coral Polifónica
"A Cela" de Baredo (Baiona).
Deseguido cantamos nos ,Coral Stella Maris de Priegue. Os músicos da coral levaban
preparada unha peza versionada do himno de Asturias que interpretaron mentres un
membro da coral (Jesús) lía un poema. A peza gustou moitísimo, alguns membros da
Coral Añoranzas comentaron que ninguén habia tido o detalle de interpretar algo
adicado a eles. A continuación, e dirixidos pola nosa directora Loli Presas Salgueiro,
cantamos o repertorio previsto:
- Sin tí
- Campanas de Bastabales
- Perdón
- Torres de Compostela
- Amigos para siempre.
Despois actuou a coral organizadora "Añoranzas", dirixida polo seu director Javier
Fdez. Mejuto. Foi unha actuación moi boa e con bonito repertorio.
Finalmente, e unha vez entregados os agasallos entre as corais participantes no
encontro,todas as corais xuntas cantamos o Himno de Asturias.
Unha vez rematado o encontro, a coral organizadora invitounos a un ágape/cena no
restaurante Les Pieces, lugar onde ten a súa sede, que por certo estivo mui ben, e que se
prolongou ata a madrugada, pois os compoñentes da coral motiváronnos a cantar e confraternizar entre todos. Non cabe dubida que o pobo asturiano e un pobo alegre e acolledor.
O seguinte día (domingo) as dúas corais invitadas , guiadas polo director da Coral
Añoranzas, fomos a visitar a cidade de Oviedo, facendo un percorrido polos principales
edificios e monomentos. Logo fomos a ver unha feria de artesania que se celebraba en Oviedo.
Para rematar voltamos a comer as tres corais no mesmo restaurante de onte, unha
comida tipica asturiana moi ben elaborada, volvendo a cantar e confraternizar todas as
corais. Agora, de día dende este , puidemos observar a preciosa a preciosa vista do
Valle de Nalón, a coñecida cunca mineira.
Asi rematou a nosa estancia en Asturias. A volta, xa cansados, voltamos pola misma
estrada que a ida e tamén paramos un anaco en Guitiriz, chegando o anoitecer o noso
recuncho.
Foi unha viaxe moi bonita e agradábel.
Ana 12 Junio de 2014
Grazas por compatir as vosas actuacións.
ResponderEliminar