martes, 30 de diciembre de 2014

MISA EN PANXON


O 25 de Xunio, citámonos as 8,45 no Templo Votivo do mar, marabilloso escenario para a nosa actuación, especialmente engalanado para render homenaxe aos moitos mariñeiros desta vila e á súa patrona. É unha ocasión solemne. Moitísima xente, representantes da corporación municipal encabezados polo señor alcalde de Nigrán, as televisións locais e de Galicia... todos foron chegando e abarrotando o templo.

https://a.gfx.ms/Emoji_1F60A.pnghttps://a.gfx.ms/Emoji_1F60A.pngNós, colocados a esquerda do altar, nun espazo no moi grande para cantores e instrumentos, estabamos algo nerviosos. Moitos ensaios, feitos con entusiasmo e tamén sacrificio, pero sempre queda a intriga do directo, algunha cousa que poda alterar o ensaiado, algo que poda xurdir a última hora...

Pero todo foi desenvolvéndose con normalidade, pese á calor e a gran cantidade de xente. Ás 9,30 empezou a misa e cantamos o noso repertorio con todo o noso corazón e cariño, especialmente a canción dedicada á Virxe: “A ti, Inmaculada”, moi ensaiada neste último mes. As cámaras da televisión diante nosa, pero tentamos non distraernos e prestar atención á nosa directora, como sempre tan eficiente e pendente de todo.

E rematou a misa. Saímos ao fresco da noite e miramos os preparativos da procesión, que foi poñéndose en marcha, pouco a pouco. Moita xente, policía e unha banda de música acompañaban á Virxe do Carme que, como non, vai dentro dunha barca e cun faro detrás en alusión aos mares e aos mariñeiros que protexe. Lentamente foron desprazándose ata o porto.

Nós, os de coro, adiantamos á imaxe para esperala xa no porto. Alí colocámonos arredor da nosa directora e preparámonos para a chegada da procesión. Esta vez o noso compañeiro Alex cambiou o teclado polo acordeón e Mar tamén baixou a guitarra. Cando chegaron ao noso lado e pararon, empezou a segunda parte da nosa actuación, tamén moi ensaiada: a salve mariñeira. Alí, co ruído de fondo das olas rompendo na praia, nun espazo aberto, con tanta xente arredor, non é doado cantar. Pero puxemos todas as nosas gañas e forza para que este himno á Virxe gustara a todos e todas.

Como broche final, os fogos artificiais estallaron na noite con todo su esplendor, preciosos. Mentres, mariñeiros da vila e as súas familias tiraban coroas de flores ao mar en recordo de todos os mariñeiros falecidos.

Magnifica noite, moi solemne, e bonita actuación do coro, que esperamos seguir mellorando cos anos.

Marga  
    2 de Julio de 2014                                

No hay comentarios:

Publicar un comentario