domingo, 8 de febrero de 2015

CONCIERTO EN CORUXO



O pasado 21 de novembro a coral StellaMaris actuou no Centro Cultural de Coruxo a petición da asociación “Avoa”. Xa van varios anos que acudimos a esta cita, polo que xa ten algo de tradición. 
E unha tradición moi agradable, dado que o trato da xente de Coruxo é estupendo e ademais hai unha relación bastante estreita entre a directiva da coral e a da asociación, polo que acudimos con moitas gañas e un cariño especial. E iso que o escenario se nos queda algo pequeno e os músicos non poden estar colocados do xeito que máis nos gustaría, tanto para escoitarnos ben como para sacarlles o mellor partido  de cara a unha boa actuación.
Cantamos o mellor do noso repertorio. Por unha banda, cancións que poden ser xa un clásico deste coro, como a de “chouchan os dentes” ou “A charanga”; pero tamén as máis novas e incorporadas recentemente ao noso repertorio, como a de “Sin ti” ou “Hasta mi final” e “Solamente una vez”, estas dúas últimas magnificamenteinterpretadas polos nosos solistas: os tenores Alex, JoseÁngel e Miguel e a tiple Esther.
Rematamos a nosa actuación con “Amigos para siempre”, tema moi adecuado dados os vínculos de amizade que temos con esta asociación de Coruxo.
Como colofón, uns pinchos e unha boa charla, que fan de esta actuación un dos mellores momentos do ano para o noso coro.


Marga         20 de Diciembre de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario