A noticia foi
rapidamente de boca en boca: imos cantar na catedral de Santiago, na misa do
peregrino!!! Asombro e ledicia foron as sensacións que se mesturaban naqueles
intres. Non ía ser unha actuación máis. A catedral de Santiago é un marco
excepcional para unha actuación, pola
súa maxestuosidade, solemnidade, a gran
afluencia de público de todos os lugares do mundo, unha tradición milenaria, un
lugar con moito significado para a maioría dos galegos e galegas ... e por
suposto para moitos tamén un lugar especial desde o punto de vista da relixión
e das crenzas.

.
Xa na entrada da
monumental praza e preto do histórico Hostal do Reis Católicos, baixamos do bus
e axudamos a trasladar o instrumental, equipo de son, estrado... ata a porta da
fachada norte da catedral ou da Acibecharía, de estilo neoclásico con trazos
barrocos, dado que a orixinal románica foi destruída por un incendio no ano
1757. Esta é unha das catro fachadas da catedral de Santiago xunto á do
Obradoiro (a principal), a de Pratarías (fachada sur, a única que se conserva
con estilo románico, belísima) e a fachada leste ou da Quintana
.
.
Alí, na porta da
catedral, quentamos a voz coa nosa directora e dirixímonos ao interior da catedral, dirixidos polos membros de seguridade. Colocámonos preto do altar maior, un lugar
privilexiado. A catedral abarrotada de peregrinos, fieis, turistas... Nós,
nerviosos e nerviosas , seguindo as últimas instrucións de Loli... e a misa
comeza, cunha benvida aos presentes en varios idiomas e informacións varias de como ten que desenvolverse a
celebración da eucaristía.


Neste tipo de liturxias
non se pode cantar moitas cancións porque o ritual da misa do peregrino non o
permite, pero si fumos os encargados/as de empezar a misa. A canción elixida foi
moi apropiada: “ Grita Profeta”, interpretada magnificamente pola nosa solista
Esther Salgueiro e acompañada polo coro nos estribillos. Tamén cantamos o
“Aleluya” e na comunión “ Cerca de ti, Señor“,tampouco esquencemos a virxe interpretando
a canción “Hoy he vuelto madre a recordar”. Algúns problemas de son parece que
fixeron que non se escoitara moi ben na enormidade da catedral, pero pensamos
que na maior parte si, e que os/as asistentes gozaron coa nosa actuación, ou
iso foi o que nos transmitiron na saída,
unha vez fora da catedral, cando choveron as felicitacións e tamén os piropos á
nosa solista MªEsther.
Penso que a todos os
integrantes da coral resultounos emocionante cantar neste marco inigualable,
pero tamén hai que dicir que foi impresionante a visión do botafumeiro desde a
nosa posición privilexiada e que será algo difícil de esquecer.
Marga 24 de Agosto del 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario