10 de Agosto 2015
O pasado 10 de agosto
a nosa coral cantou na vila mariñeira de A Guarda, como
peche ás famosas “Festas do Monte”,
declaradas de interese turístico de Galicia, cunha orixe celta e que se
celebran desde 1913.
Xa pola mañá despregamento
de medios para trasladar o monumental escenario, o estrado, os instrumentos, o
equipo de luz e son... algo moi complicado e sobre todo moi traballoso,
destacando a gran e sacrificada labor dos nosos compañeiros que traballaron sen
descanso e as veces incluso con perigo para a súa saúde: noso compañeiro Pepe
mancouse nun pé e a maioría deles estaban bastante queimados polo sol.
Os demais viaxamos en
autobús a media tarde. A actuación estaba fixada para as 10, 30 da noite pero,
coma sempre, tiñamos que probar son e quentar a voz. Logo, un pequeno tempo
libre para tomar algo e cambiarse no autobús e xa ás 10 estabamos todos listos
para subir ao estrado.
Dado o bo día (pero ventoso), non se fixera aínda de noite e non chegara moito público, polo que decidiuse pospoñer un pouco a actuación, ata ás 11 aproximadamente que comezamos, cunha peza instrumental interpretada magnificamente polos nosos músicos.O repertorio foi o mesmo que o pasado sábado no Torreiro de Priegue (agás “caballo de batalla”), novas cancións que levamos todo o ano aprendendo e ensaiando e repartidas tamén en dúas partes: unha primeira máis seria, con cancións como “Meu amor é mariñeiro”, “Foliada de Nadela”, “Cuando un hombre ama a una mujer”...; Logo, un intermedio coa incrible actuación de Javier Fernández Mejuto e do tenor bilbaíno Iker Freire. O primeiro cantou coa coral “Luna de abril ” e só “América”. Iker abraiounos a todos interpretando “La donna è mobile”, impresionante.

A alameda empezou a
acoller cada vez máis e máis xente e , cando nós voltamos ao escenario xa
cambiadas cun poncho máis festivo (cada unha dunha cor), impoñía ver a tanta
xente escoitándonos. Eu creo que foi o público máis numeroso que tivemos na coral.
Tamén destacar a gran axuda de familiares e amigos que desinteresadamente colaboran a que todo marche convenientemente.
Era a hora dos
tradicionais fogos con que rematan estas festas todos os anos. O espectáculo
pirotécnico foi sensacional, un estupendo colofón á nosa actuación.
Marga 9 de Septiembre 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario